A parcela vendida a Ionity, cunha superficie de 1.485 metros cadrados, contaba con una bonificación do 35 % sobre el prezo aprobado, medida implantada por SEPES a petición dos responsables municipais ribadenses, e o importe de adxudicación foi de 67.105 euros. 

Atendendo á proposta do Concello de Ribadeo a entidade pública empresarial de solo puxo en marcha este ano dúas iniciativas comerciais pensadas especificamente para impulsar a implantación de empresas no parque empresarial de Ribadeo. Así, xunto á parcela agora adxudicada, SEPES  aplicou a outras 13 a mesma bonificación do 35%. Son terreos de distintas tipoloxías e tamaños, para facilitar a instalación de diferentes proxectos. Esta promoción de bonificación dos prezos no polígono industrial de Ribadeo estará vixente cando menos ata o 31 de decembro de 2022.

O 28 de xuño o salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu unha xuntanza entre o director xeral de SEPES, Fidel Vázquez, e o seu equipo co o alcalde ribadense, Fernando Suárez; o concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, varios empresarios e o xerente de Acisa, Jesús Pérez. Nese encontro SEPES presentou as novas axudas comerciais ás empresas interesadas en instalarse no polígono industrial. 

O alcalde amosa a súa satisfacción tras a implantación desta nova empresa en Ribadeo: “estamos contentos de que o noso polígono, que está tan ben situado a carón da A-8, sexa o lugar elixido por empresas diversas para instalarse e operar desde aquí, desde Ribadeo, grazas ás medidas adoptadas por SEPES para poder ofertar unha serie de parcelas a un prezo razoable”.