O edil nacionalista manifestou: “desde a Concellaría de Cultura queremos dar os parabéns ás nenas e nenos premiados e agardamos ao fallo da fase provincial na que seguro que haberá gañadores e gañadoras do noso concello. Tamén animamos, unha vez máis, a visitar as dependencias da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho á xente nova e á xente que queremos seguir sentíndonos novos de espírito”. Para Farruco Graña “a mellor maneira de rexuvenecer, o segredo da eterna mocidade, está nos libros. Como nos lembra o Apalpador desde os muros do Cine Teatro de Ribadeo, non hai mellores tardes que as da lectura. E libro a libro, iremos imaxinando novas historias coas que animar aos nosos nenos e nenas a participar no seguinte concurso: o Certame Literario e de Debuxo Infantil Letras Galegas 2017. Canto máis lemos e máis nos animamos a escribir, mellor saberemos expresarnos, sempre atoparemos a palabra ideal para transmitir un sentimento, unha idea. Do mesmo xeito que valoramos o deporte e a formación musical, tamén podemos apreciar a lectura e a escritura como un hábito saudábel e cheo de emocións”.

Os gañadores do concurso nas diferentes categorías foron os seguintes: 

CATEGORÍA A (ATA 8 ANOS)
“O NADAL MOLA” Darío López Sanjurjo (7 anos) C. Sagrado Corazón

“O NADAL” Nerea González Nonide (8 anos) C. Gregorio Sanz

“O NADAL” Bruno Fernández Rodríguez (6 anos) C. Sagrado Corazón

CATEGORÍA B (de 9 a 11 anos)
“QUE FOI DOS REIS?” Candela Rodríguez Cela (10 anos) C. Sagrado Corazón

“TEMPO DE NADAL” Eduardo Veiga Otero (9 anos) C. Gregorio Sanz

“O NADAL” Ignacio Gutiérrez Tamargo (10 anos) C. Sagrado Corazón 

CATEGORÍA C (de 12 a 16 anos)
“NADAL HOXE E MAÑÁ” Julia Rodríguez Menéndez (12 anos) C. Sagrado Corazón

“EU QUERO…” Carís Hernández Eiros (12 anos) C. Sagrado Corazón

“UN NADAL DE VERDADE” Iker García Valle (13 anos) C. Sagrado Corazón