O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, felicita aos gañadores Darío López Sanjurjo de seis anos que levou o segundo premio na categoría A, Julia Rodríguez Menéndez de once anos que recibiu o primeiro premio na categoría B e a Alicia Asensio Bande de trece anos que levou o segundo premio na categoría C na que tamén recibiu un áccesit Daniel Pérez Vargas de quince anos.

O edil nacionalista manifestou que “os lectores e lectoras da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, os pais e amigos destes rapaces e rapazas e todos os ribadenses, homes e mulleres, que nos gusta a lectura estamos de festa”.

Farruco Graña subliñou que “a inquedanza creativa dos nosos nenos e nenas ve o seu premio. O esforzo del día a día ler un chisquiño, un libro a semana, un libro ao mes, sempre que se poida ter unhas páxinas cunhas letras por enriba para poder gozar do pracer da lectura, ese pracer ten premio”.

Finalmente o concelleiro sinalou “para a toda a colectividade desde o Concello de Ribadeo felicitamos a Darío, Julia, Alicia e Daniel e animámolos a eles e a todos os seus compañeiros e compañeiras de escola a seguir co afán pola lectura. Máis libros, máis libres, máis persoas mellor formadas”.