O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explicou que “a partir do 19 de setembro comezará a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas. Para asegurar que o servizo se preste nas condicións idóneas todas as explotacións que precisen esta recollida procurarán ter os plásticos en lugares axeitados, facilmente accesibles para o camión que realizará esta tarefa”. 

O edil ribadense dixo que “tamén teñen que solicitalo a través do teléfono do punto limpo municipal, que é o 664 00 09 32 dentro do seu horario. Isto é de luns a venres de 9 a 13 horas e de 16 a 18:30 horas e os sábados de 9 a 13 horas. Poderán facelo ata o 15 de setembro”.