<p>O vindeiro luns, 30 de maio, celebraranse dous plenos no Concello de Ribadeo. No extraordinario, que dará comezo ás oito da tarde, someterase a aprobación o expediente para a concesión do título de cronista oficial de Ribadeo a Eduardo Gutiérrez. A sesión plenaria ordinaria está prevista para as 20:30 horas e abordará cuestións como a petición á Deputación de cesión de viarios de titularidade provincial na zona de A Devesa-Catedrais ou a modificación da ordenanza medioambiental do Concello de Ribadeo. </p>