Na orde do día figuran asuntos coma: expedente para a aprobación inicial do regulamento de creación de ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Ribadeo; aprobación inicial do convenio urbanístico entre o Concello e varios titulares propietarios en rúa Pintor Fierros; aprobación inicial de convenio urbanístico entre o Concello e varios propietarios na rúa Daniel Cortezón; aprobación inicial de convenio urbanístico entre o Concello e Construcciones Os Molineros S.L. na avenida de Rosalía de Castro; expedente do Plan Xeral de Ordenación Municipal, 2ª exposición pública; dación de conta da relación certificada de obrigas pendentes de pago a 31.12.2011 de conformidade co Real Decreto Lei 4/2012, de 24 de febreiro, polo que se determinan obrigas de información e procedementos necesarios para establecer un mecanismo de financiación para o pago a proveedores das entidades locais; dación de conta de decretos da Alcaldía, rogos e preguntas.

No capítulo de mocións figuran: catro do PSOE sobre reducción de multas de tráfico, sobre modificación de criterios das axudas dos Programas de Cooperación, sobre declaración do Día de Rosalía de Castro e outras accións con este motivo e sobre o Día Internacional das Mulleres; dúas do PP sobre actuacións a incluir dentro do PEIM Rural e sobre promoción de emrpego á creación e consolidación de novas empresas no Concello de Ribadeo; e catro do BNG sobre dereitos das mulleres, sobre apoio á iniciativa lexislativa popular para a defensa e promoción da sanidade pública en Galicia, contra a privatización e suba das tarifas das escolas infantís pertencentes á Xunta e para declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía de Castro.