Tamén se someterán a aprobación a conta xeral do exercizo de 2011; a modificación do regulamento de creación de ficheiros de datos persoais do Concello de Ribadeo; a modificación da composición da Mesa Local de Comercio, segundo a proposta da Concellaría Delegeada de Turismo e Desenvolvemento Local; a reclamación previa da asociación de montes veciñais en mancomún do Monte Cordal; a fixación dos festivos locais para o ano 2013; a modificación das bases de contratación laboral temporal e a proposta de ratificación do acordo da xunta de portavoces de denominación de parque Xavier R.Baixeras na zona de O Cargadeiro.

No pleno ordinario do vindeiro luns veráse unha moción do PSG-PSOE sobre unha nova regulación do goberno e administración local e un escrito do comité de empresa de Alcoa sobre o establecemento dunha tarifa enerxética competitiva para o centro de traballo de San Ciprián e en defensa dos postos de traballo.