Pleno ordinario o luns 16 de marzo ás oito da tarde no Concello de Ribadeo. Entre os asuntos a debate figuran: aprobación dos estatutos e adhesión á asociación para o desenvolvemento turístico interrexional en torno ao Eo; proposta relativa a nomes de rúas en Ribadeo e Rinlo; proposta de modificación do regulamento da agrupación municipal de voluntarios de protección civil do Concello de Ribadeo; licenzas de primeira ocupación; aprobación de modificación do convenio tipo de escolas deportivas municipais; moción do Grupo Municipal Popular sobre a modificación da lei electoral e rogos e preguntas.