<p>Este 1 de xullo haberá pleno extraordinario no Concello para aprobar o réxime de sesións dos plenos e da xunta de goberno local, a creación e composición das comisións informativas, a creación da xunta de portavoces, a determinación do cadro de persoal eventual do Concello, a dotación económica aos grupos municipais, a delegación de competencias do pleno na xunta de goberno local, as dedicacións exclusivas, as indemnizacións ou compensación por desprazamentos dos membros da Corporación derviados do exercicio do cargo, as indemnizacións por asistencia a plenos e a designación de representantes do Concello noutros organismos. </p>