Tamén se someterán a debate e aprobación outros asuntos, coma o expedente relativo a investigación de fonte pública en Porto de Arriba, Vilausende; a iniciación de expedente de desafectación e permuta en A Ponte, Arante e a adhesión do Concello de Ribadeo ao convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Galicia e as entidades xestoras dos sistemas integrados de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE,s).