O alcalde ribadense tamén se referiu hoxe ao plan xeral de ordenación municipal, “estamos continuando a dar estes pasos co que ten que ver coa información pública para garantizar a mellor difusión, a maior transparencia e a maior información posible aos veciños e aos propietarios do concello no que é esta exposición pública do PXOM. No día de onte os técnicos municipais e da empresa redactora, Eptisa, participaron nun acto público no auditorio Hernán Naval, onde tamén foron convidados todos os portavoces da comisión informativa de urbanismo, na que estivemos elaborando este documento, aína que finalmente só acudiu o portavoz de UPRI. Pero en todo o caso o máis importante foi que as máis de 80 persoas que alí acudiron puideron ter información de primeira man dos técnicos, de cales foron as cambios substanciais polos que agora se volve expoñer novamente o PXOM”.

Fernando Suárez lembrou que “ata o 8 de xuño, que é cando se remataría o prazo de exposición pública deste plan xeral aínda queda moito tempo por diante, e quero convidar a todas aquelas persoas que aínda non o fixeron que si queren poden pedir cita previa no Concello para que o arquitecto municipal os poida informar convenientemente de cómo quedan as súas parcelas, de cales son os problemas, cales son as ventaxas para que poidan ter unha información pormenorizada, que é o reto que nos marcamos desde a Corporación Municipal, non só desde o goberno senón que o resto dos portavoces tamén estaban de acordo neste tipo de información tan personalizada que estamos a facer con indepedencia que si logo a xente quere facer as alegacións sin ter en conta o criterio dos técnicos municipais é moi libre de facelo”. O rexedor animou “a que a xente pida cita no Concello, a lista agora está cuberta ata os primeiros días de maio, pero aínda quedan moitos días de aquí ao 8 de xuño, data na que remata o período de exposición pública e consecuentemente para poder presentar alegacións ao PXOM, que é un dos maiores retos que temos neste mandato e onde debe destacar unha vez máis o compromiso de todos os grupos políticos”.