Esta fase do Plan de Formación Rural rematará o vindeiro 25 de marzo cun curso de inserto de froiteiras na Escola de Cedofeita en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 15 a 18 horas. Para esta cita xa non quedan prazas libres. 

Desde o equipo de goberno subliñan que “o Concello está traballando nas actividades do plan para o segundo trimestre de 2023. Proximamente publicaremos a relación dos diferentes talleres e obradoiros que se van desenvolver”.