Mariluz Álvarez Lastra, a concelleira de Igualdade, sinalou que “se trata de analizar a posibilidade de crear unha tenda online e promocionar os produtos das mulleres emprendedoras en internet”. O proxecto desenvolvérase en Ribadeo ao longo de 2012 e consta de varias fases, “a primeira é a de formar e capacitar  no uso das TICs, en metodoloxías e técnicas en comercio electrónico, en marketing, na área de loxísticas co obxecto de xerar novos proxectos empresariais viables e sostibles. E a segunda é un proceso de asesoramento e seguimento para a posta en marcha de novas formas de negocio baseadas na comercialización de productos a tráves das novas tecnoloxías”.

A edil nacionalista explicou que “a idea é que participen todas aquelas mulleres emprendedoras e desempregadas así coma mulleres en activo que desexen iniciar unha nova actividade ou abrir novos canles de comercialización, baseados no comercio electrónico”. Álvarez Lastra subliñou que “a fase formativa vai dar comezo en breve e é necesario inscribirse. O prazo para participar estará aberto ata o vindeiro xoves, 3 de maio”.

As interesadas en obter máis información poden poñerse  en contacto coa Área de Desenvolvemento Local no teléfono 982 128 650 ou na seguinte dirección de correo eléctrico adl@ribadeo.org ou tamén no Centro de Información das Mulleres: 982 120 739 ou cim@ribadeo.org