O rexedor contou que “procedéuse hai poucos momentos ao sorteo das vivendas de protección oficial no salón de actos do Concello, coa presencia do xefe territorial do IGVS. Todos coñeceron cales serán os seus pisos e agora teñen 15 días para ratificar a súa conformidade ou para renunciar a elas, aínda que debo dicir que están feitas con moito gusto e cunhas calidades constructivas moi boas”.

Suárez Barcia dixo que “para Ribadeo é unha moi boa noticia que se vai pechando este proceso que se iniciou hai cinco anos cando o Concello de Ribadeo cedeu uns terreos á Xunta para dita construcción, o bipartito na Xunta aceptou a proposta do Concello, realizaron a licitación e a construcción dos pisos e o novo goberno autonómico procede ao sorteo”. E engadiu que “cando as administracións traballan en conxunto os resultados son moi bós para todos os veciños e veciñas e agora resta seguir traballando en conxunto entre estas administracións para poder poñer máis vivenda pública a prezo asequible e con calidades constructivas de primeira”.