Aquelas persoas interesadas en licitar deberá poñerse en contacto, a través do correo electrónico de contratación do Concello de Ribadeo non máis tarde do día anterior ao determinado para a visita. E deberán aportar os seguintes datos: nº e título do expediente obxecto de visita, data en que se efectúa a solicitude, razón social da empresa ou nome do interesado, dirección de correo electrónico, nº de teléfono ou de fax, nome da persoa de contacto na empresa e nº de persoas da empresa que acudirán á visita, xunto cos seus datos persoais e fotocopia do DNI.

Todo esta información atópase colgada no perfil do contratante do Concello de Ribadeo. 

A visita realizarase ao segundo andar do inmoble nº20 da rúa Reinante e ao 50% do faiado dese edificio. A contía económica resultante da venda deses bens destinarase á reforma do Hospital Asilo, tal e como indicou Francisco Moreda ao deixarlle a súa herdanza ao Concello ribadense.