A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “nestes días desde o Concello de Ribadeo estamos a realizar obras de pintado e de sinalización nas vías que aglomeramos nas pasadas semanas, en parroquias do interior e tamén da costa. Concretamente estamos a realizar estas labouras en Couxela; en Queixoiro en Cedofeita; en Vilela e As Anzas en Covelas; na Igrexa en Ove; e na Rochela e Cinxe na Devesa”. 

A edil sinalou que “estas actuacións conlevan evidentemente que haxa maquinaria que estea a traballar nas vías e, aínda que contan coa sinalización correspondente, desde o Concello pedimos precaución tanto aos condutores como aos viandantes durante o tempo que duren estas labouras”.

Mónica Freire dixo que “os traballos desta sinalización tanto horizontal como vertical se estenderán previsiblemente durante toda esta semana”.