A edil explicou que “desde o Concello de Ribadeo estamos nestes días realizando traballos de pintado das farolas do paseo marítimo Alfonso Rodríguez Castelao da nosa vila, un espazo importante tanto pola súa situación como tamén porque é moi concorrido pola veciñanza e polos visitantes que se achegan ao noso concello”.

Mónica Freire dixo que “tíñamos desde logo unha asignatura pendente con este lugar xa que desde hai moitos anos as súas farolas non recibían ningún tratamento para a súa conservación, farolas que ademais pola súa exposición á dinámica mariña atopábanse nunha situación de conservación bastante deficiente”.

A concelleira de Obras indicou que “polo tanto é agora cando plantexamos estas actuacións para renovalas, pero tamén para buscar a súa conservación, aproveitando estes días de bo tempo para realizar estes traballos”.