Á súa chegada Bucella declarou que a zona lle parece preciosa, que ésta foi unha longa viaxe que comezou ás dez da mañá en Bruxelas, pero que mereceu a pena. Pia Bucella visitará mañá xoves, 14 de febreiro, o areal das Catedrais ou Augas Santas. Suárez Barcia fíxolle entrega dunhas publicacións promocionais do concello.

Á xuntanza institucional que se celebrará no Concello foron convocados representantes do goberno do Estado, da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo. O encontro dará comezo ás 16:30 horas.