O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, plantexóulle ao Delegado do Goberno, Antón Louro, varias peticións para o concello: a construcción dun novo acceso a Ribadeo desde a A-8 en sentido Asturias, a creación dun aparcadoiro na praia das Catedrais e a cesión do edificio da Casa do Mar para convertela na Casa da Música. Louro visitou as obras da Avenida de Luarca e o ascensor panorámico da Atalaia.