Esta iniciativa conta co apoio do Concello ribadense e o propio alcalde, Fernando Suárez, estivo hoxe xogando con eles e anunciou que “ao primeiro van seguir utilizando esta zona do parque e logo estudaremos outra posibilidade para habilitar como lugar para a práctica da petanca, concretamente xunto ao aparcamento público da Avenida de Galicia”.