Ás 12:30 horas haberá unha charla coloquio titulada O noso peixe, temos que defender o noso, na que participarán Celia Pacio, patroa maior da confraría de pescadores de Ribadeo e Basilio Otero, patrón maior da confraría de Burela. E a continuación terá lugar unha Fish Jam Session, cociña en directo a cargo do restaurante Casa Pepe de Ribadeo na que intervirán os cociñeiros Felipe Barcia e Rafael Jiménez. Ao remate desta sesión haberá unha degustación dos produtos que alí se cociñen.

Esta xornada de pesca sostible está organizada pola Asociación de Profesionais e Vendedores da praza de abastos e pola Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo e conta coa colaboración da Consellería de Economía e Industria.