O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, declarou que “vimos de coñecer unha analítica que estaba pendente de Sanidade en canto ás augas das praias afectadas polo vertido no río Eo do domingo pasado e dan que son aptas para o baño”.

O edil engadiu que “levantamos a recomendación, a partir de hoxe, de non bañarse. É unha boa noticia que as augas estean en perfecto estado para o uso do baño”.