O peregrino solidario chega a Ribadeo o 16 de agosto logo de pasar por diversas cidades españolas dende que o 14 de xuño comezara o Camiño. En 11 das paradas imparte clases gratuítas de Joy Ga, unha actividade divertida apta para todos os públicos. A de Ribadeo realizarase nos pavillóns da rúa Alfredo Deaño, entre as 10 e as 12 horas.

O Concello colabora con El camino con Barry cedéndolles a instalación para realizar estas actividades e para pernoctar. Os interesados poden atopar máis información sobre este proxecto no sitio web thewaywithbarry.com