Fernando Suárez dixo que “afortunadamente non temos que lamentar danos polo Xynthia que pasou de esgueira pola nosa comarca, afortunadamente todo o dispositivo montado non foi necesario. Teño constancia dunha árbore que caeu na parroquia de Ove na zona das Aceas e outra árbore que caeu cerca do forte San Damián, pero sin causar ningún perxuizo”.

O rexedor suliñou que “moitos hosteiros, curándose en saúde e despois de ver o que ocorreu o ano pasado co Klauss, alugaron unha serie de xeneradores que non foron necesarios. Agradecerlle a toda a cidadanía a súa actitude porque tomou ao pé da letra todas as recomendacións realizadas desde Protección Civil, desde a Xunta e tamén desde a alcaldía. Todos tomaron con seriedade esto que non foi nada, pero que puido ser”.