Suárez Barcia dixo hoxe que “dentro destas magníficas obras nas que levamos xa tempo traballando aquí en toda a travesía urbana de Ribadeo, nestes tempos estáse a ver como está a cambiar a fisonomía da zona de Vilar, desta parte de Piñeira e cerca do que é o núcleo urbano de Ribadeo, pero que xa é Ribadeo a todos os efectos porque hai unha grande cantidade de talleres, de centros comerciais e hai moitísima xente que ía andando pola beiravía con certo perigo de aí que parte deste proxecto tamén estivese encamiñado a facer unhas aceras, como se están a facer, e que rematan prácticamente na rotonda de Dompiñor”.

O alcalde engadiu que “agora durante estes meses é cando estamos a atender con máis intensidade todas estas obras para que a finais deste verán estean completamente rematadas. Non é solamente o que se está a ver pola parte de arriba, unha beirarúa axeitada e dun ancho suficiente para que os peóns poidan pasear, senón que tamén se están a cambiar as tuberías de auga. As vellas tiñan un diámetro moi pequeniño de 75 milímetros que nos daba moitos problemas ás veces e agora pasamos a 200 milímetros para que queden perfectamente operativas para un futuro e que non teñamos que volver a romper as aceras”.

O rexedor sinalou que “agora despois destas obras quedaría pendente outra asignatura importante que é intentar buscar unha alternativa para poder facer un paso inferior por debaixo da vía de Feve na zona dos Garitos co fin de conectar o que é o Ribadeo urbano coa zona de Vilar desde o punto de vista peatonal, dado que agora non se pode cruzar a pesares de que poida haber xente que o estea a facer, pero está totalmente prohibido. É unha asignatura que ten este novo goberno municipal, buscar a financiación nun prazo razonable de tempo para poder facer este paso inferior  da vía de Feve e conectar esas magníficas aceras que quedarán por Vilar coa parte máis urbana de Ribadeo”.