Suárez Barcia dixo que “no día de hoxe, entre esta tarde e mañá, quedará restablecida a circulación peatonal a través dunha pasarela en precario, que se está a poñer alí no lugar da ponte. Trátase dunha pasarela, ao meu modo de ver, un pouquiño escasa de máis. En todo caso si é unha cuestión transitoria e lles serve aos veciños da Ponte de Arante para evitar dar un rodeo enorme á hora de que poidan deixar o coche aparcado nunha banda, cruzar andando e ir ás súas vivendas,  benvido sexa si se van arreglando así nas vindeiras semanas”.

O alcalde apelou á Deputación “para que canto antes non esgote os seis meses que ten de prazo a empresa adxudicataria desta obra para realizala, xa sei que milagros non se poden pedir, pero que fagan o posible para que estea lista antes dese período, dado que é unha situación extrema a que están a sofrir non só eses veciños senón tamén xentes doutras parroquias de Ribadeo e de Trabada”. Fernando Suárez lembrou que “teñen problemas para circular con maquinaria pesada e preocúpame moitísimo o transporte escolar polo rodeo que ten que dar indo por sitios perigosos. Confío en que as obras avancen, porque xa se desmontou toda a ponte estropeada e agora estánse a facer as zapatas e os estribos que darán lugar a contar cunha nova infraestructura en Arante”.