Fatma, Mimi e Sultana chegaron hai uns días a Ribadeo e aquí estarán ata finais do vindeiro mes de agosto. A edil nacionalista sinalou que “viñeron a través do programa Vacacións en paz, que leva adiante a asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui. O que facemos desde o Concello é custear a viaxe destas nenas”.

Teresa González Piñeiroa animou “ás familias ribadenses a acoller nos vindeiros anos a máis nenos e nenas saharauis. Hai más de 17.000 que están agardando por familias acolledoras para poder disfrutar destes meses entre nós”.