O rexedor aludiu hoxe “ao posible pasado mineiro, de extracción dalgún tipo de mineral, no entorno das Catedrais, segundo indican varias asociacións de patrimonio natural, etc. Desde o Concello debemos dicir que non temos medios técnicos capaces de contrastar esa nova e non nos queda outra que pedir prudencia sobre este posible achado”.

Fernando Suárez indicou que “no caso de que iso se confirmara a este monumento natural marabilloso que temos en Ribadeo habería que sumarlle tamén a existencia dun pasado histórico, de hai moitos séculos, que faría del unha marabilla aínda máis importante a nivel internacional”.

O alcalde de Ribadeo pensa que “deberan ser outras administracións con competencia na materia, singularmente en arqueoloxía, ben a Deputación de Lugo ou a Xunta de Galicia, as que boten luz enriba destes achados para contrastar e por ver si isto realmente é así ou si simplemente non deixa de ser unha teoría máis”.