Concello de Ribadeo
Santalla de Vilausende
A parroquia de Santalla de Vilausende, no nordeste do municipio, linda ao norte coa de Ove; polo oeste con Covelas e Cedofeita; polo sur con Couxela e A Balboa (no concello de Trabada) e polo oeste co estuario do Eo.
Cunha extensión de 10,46 km2 e unha densidade de poboación de 20,26 habitantes/km2, posúe 212 habitantes (INE 2007) distribuídos nas entidades de poboación de Lourido (13 habitantes), Porto de Abaixo (29), Porto de Arriba (36), O Río da Veiga (16), Santalla (46), San Tomé (7), A Torre (14) e Vilausende (51).
Equipamento
Teleclube de Vilausende
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que dispón de equipamento informático con conexión gratuíta a internet.
Festas
Festa das flores
Festas do Corazón de Xesús
Santalla (Vilausende)
Patrimonio
Pequeno templo do século XIX de planta rectangular e muros de cachotaría revestidos. A cuberta é a dúas augas e está formada por entramado de madeira e cubrición de lousas. A porta ten lintel e un van rectangular nun dos seus alzados. Presenta espadana dun só corpo e oco de campá en arco de medio punto sen remates ornamentais nin cruz.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
Edificio de dúas alturas con muros de cachotaría de revestimento de morteiro e cuberta a catro augas con lousas. Ten porta con lintel, ventás rectangulares con bantentes en catro corpos e bufarda na planta baixa.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
Castro en ladeira con dous foxos na súa parte sur, un deles prolongado cara ao oeste por unha vagada natural. A coroa ten parapeto ao sur. Ao norte, nordeste e noroeste ten ata dous parapetos concéntricos. Pola zona sur atópase destruído pola recente construción dunha pista forestal onde se aprecian restos de casas circulares.
Observacións
Está adscrito á idade de ferro romana e atópase no lugar coñecido como Salcedo.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
O vello edificio derribouse hai non moitos anos para alzar o novo templo, obra do arquitecto José María Velasco.
No seu interior atópanse imaxes de estilo barroco do século XVII.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
Xacemento de morfoloxía ovalar que consta dunha serie de foxos, terrapléns e paramentos.
Observacións
Está adscrito á idade de bronce e á de ferro romana.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
Preto de Torre está situado este pazo que conserva a súa estrutura primitiva, con parte do patio de ingreso e do corredor sobre piares de granito e cuberta de lousa. No muro oriental ten un escudo de armas ovalado e con inscricións e emblemas dos Montenegro e Luaces.
Observacións
Completan este conxunto un pombal de forma hexagonal e unha capela dedicada no seu momento á Virxe da Inmaculada.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
Pombal de muros de cachotaría e planta de forma poligonal. A cuberta é de lousa rematada en pináculo.
Lugar
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)