Concello de Ribadeo

Ribadeo

A parroquia que acolle a capital municipal linda ao norte coa de Vilaselán, ao leste co estuario do Eo, e ao sur e oeste con Ove.

Cunha superficie de 2,4 km2 e unha densidade de 2.540 habitantes/km2, habitan nela 6.096 persoas (INE 2007), todas elas agrupadas nunha única entidade de poboación na que diferencian os lugares de Cantarrá, Mirasol, Porcillán e A Vilavella e, dentro da propia vila, os do Campo e As Catro Rúas.

Nesta parroquia, especialmente na vila, a afluencia de xente nas fins de semana e nos períodos de vacacións fai que se a poboación ascenda a valores pouco usuais con respecto ao resto do ano, chegando a alcanzar os 20.000 habitantes.

Ten unha altitude media de 46 metros.

Festas

Festas Patronais de Ribadeo
San Roque
Virxe do Carme (Ribadeo)

Patrimonio

Casa indiana de estilo ecléctico-modernista construída en 1910.

Observacións

A súa promotora foi a familia Lanza.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificio singular do século XVIII que está situado no porto de Ribadeo. En orixe, foi unha casa particular que pertencía a don Carlos Acevedo Pardo e que estivo moi vinculada ao tráfico comercial no porto. No seu escudo figura a data de 1726.

Destaca a súa fermosa fachada, de puro estilo barroco borbónico, orientada cara ao norte. É un edificio de tres plantas con fachada principal conformada con tres grandes arcos de medio punto e ocos. Non se encontra en bo estado de conservación.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Coñecida actualmente como Casa do Mar, este edificio de 1854, situado no centro de Ribadeo, foi en orixe un dos primeiros cárceres de partido de Galicia, deseñado polo arquitecto provincial da Coruña, Faustino Domínguez Domínguez.

Trátase dunha construción de catro ángulos e de puro deseño neoclásico, con patio interior con arcos (hoxe cuberto).

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

A vila de Ribadeo é porta de entrada en Galicia do Camiño do Norte que, na súa vertente coñecida como a Ruta da Costa, percorre as parroquias de Ribadeo, Ove, Covelas e Arante.

O traxecto, duns 16 quilómetros dentro dos límites municipais, iníciase na vila de Ribadeo coa subida dende o porto de Porcillán pola Alfándega vella, ata a praza de España. Era no peirao de Porcillán onde as barcas que cruzaban a ría deixaban aos viaxeiros.

Dende alí segue pola rúa de San Francisco cara a capela de San Lázaro e continúa despois con dirección a Ove. Nesta parroquia o camiño ascende pola pista que vai ao cemiterio e segue cara a Vilela, pasando por Pastoriza, para despois atravesar o río Pequeno e ascender cara a Covelas. De alí xa se baixa cara A Ponte (Arante). A partir dese punto o camiño sube cara a Vilamariz, na mesma parroquia, internándose no monte en dirección a Vilamartín Pequeno, xa no concello de Barreiros.

Esta ruta percorre unha parte importante do interior do concello. Son paraxes radicalmente diferentes ás da costa: pequenas aldeas e lugares con interesantes conxuntos etnográficos, paisaxes de verdor exuberante e camiños antigos que nos levan a outros tempos.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Capela medieval construída no século XII, no tempo da repoboación de Ribadeo por Fernando II, e situada no miradoiro da Atalaia sobre tramos das antigas murallas ribadenses. É o templo máis antigo que ten hoxe a vila, se ben a súa portada é do século XIV.

A construción actual deixa ver a porta principal gótica, do século XIV, con decoración en zig-zag e dúas cabezas humanas nos extremos. Consta de nave, arco triunfal e presbiterio e, sobre a porta principal, pode verse un escudo en pedra de Ribadeo xa moi gastado e mais unha espadana dun só van.

No seu interior destaca o seu retábulo barroco, con tallas de variada cronoloxía entre as que destaca a imaxe titular da Santísima Trindade, e unha pía de auga montada sobre unha columna gótica.

Observacións

O lugar no que se alza é un dos máis pintorescos da vila, por iso serviu, dende moi antigo, de recreo dos veciños, para cuxa seguridade, ou, como din os papeis da época, para impedir riscos e desgracias, construíuse en 1793 unha parede pequena completada máis adiante con outras obras de seguridade.

Para os devotos a capela foi sempre lugar de moita utilidade, así pola súa antiquísima confradía e polas indulgencias de que gozaba a beneficio dos fieis, como porque unha gran parte do pobo concorría a el a rezar a Bula e a encomendar as ánimas dos defuntos que alí se enterraban cando non había igrexa parroquial capaz para este obxecto.

De moita utilidade foi tamén para os mareantes, por servirlles de guía e enfilación, como consta, entre outros, no Libro puridad do ano 1542. Por este mesmo libro sábese que no propio ano que se pintaran as tres historias do retábulo polo pintor maese Andrés, ao que lle deron polo seu traballo 2 ducados. Outras historias do mesmo retábulo, a do Xusto Simón e a dos Reis Magos, foron feitas en 1547 polo entallador maese Gregorio, que pediu por esta obra 40 ducados. Tan historiado retábulo foi substituído en 1777 por un dos que se sacaran da colexiata de Santa María con motivo do derribo deste templo. Ao parecer pertencera ao primitivo altar a imaxe que se conserva no actual e que representa a Deus e ao Crucificado.

Polo padroado desta capela (por entón igrexa da Trindade) preitearon en 1722 o Concello e a confraría da mesma. Iniciou o preito a confraría ao ver que o Concello, con ocasión de estar revocando o templo por dentro e fora e á morisca mandou colocar sobre a porta principal o escudo de armas de Ribadeo, e ela foi quen o gañou.

A capela sufriu varias reformas no transcurso dos séculos. Nunha delas tapiouse a porta que se abría sobre a Atalaia.

Textos obtidos da obra Ribadeo antiguo de Francisco Lanza Álvarez.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Sitúase na praza do mercado e presenta planta de cruz latina, con cuberta de madeira a dúas augas, e cruceiro e presbiterio separados por dous grandes arcos oxivais. Destacan os elementos nobres de cantaría dos seus vans e puntais de esquina, os remates poliédricos que presenta sobre as pilastras laterais e o coro e o púlpito, que son os dous de madeira.

A espadana remata en frontón triangular aberto na fachada principal e presenta dúas portas de entrada, unha no frontispicio e outra no muro da Epístola.

Tamén ten interese artístico o mausoleo de Don Ramón González que se custodía aquí. A capela foi construída a finais dos anos 20 do século pasado por orde da súa viúva.

Observacións

A Orde Terceira de Ribadeo foi fundada no mes de agosto de 1679. Catro anos despois a comunidade de San Francisco, por escritura ante notario, cedeu aos irmáns terceiros sitio en que erixan y labren una capilla para los exercicios de su ynstituto y solegnidades de su devoción. Este sitio era na horta que o convento tiña cara Campo e cediase con calidad y condición que no se pueda enterrar persona alguna, aunque sea tercero, en dicha capilla.

Alí se conservou, ata o ano 1926 no que foi derruída, para construírse a actual na rúa Doutor Moreda uns anos despois.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Templo situado na rúa San Roque. Non se sabe cando nin por quen foi construída esa capela, que se chamou con ese nome por atoparse á beira do camiño que ía cara a Viveiro.

Consta dunha nave cuberta con bóveda, arco triunfal e outros tres torais que sosteñen unha cúpula na capela maior e sancristía pola parte de atrás. A fachada principal leva porta con lintel e aos seus lados dúas ventás rectangulares con reixas de ferro. Sobre a porta vese unha cruz de malta e unha cuberta de lousas. As pilastras de suxección son de cantaría.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Templo de 1870 situado na rúa Obispo Veres, xunto á casa Bustelo. Os muros son de cachotaría, con elementos nobres de cantería en vans e puntais de esquina, e cunha espadana e un único van en arco de medio punto na portada. As portas e ventás levan lintel en arco de medio punto.

Destaca a súa cuberta, con bóveda barroca, e o retablo do século XVIII anterior á súa capela.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Templo situado na rúa do mesmo nome e único vestixio que queda do antigo hospital de San Lázaro. A súa fachada foi reedificada parcialmente en 1844.
A construción é rectangular, con bóveda de canón e cuberta a dúas augas, arco triunfal e capela maior rectangular tamén. Sobre a porta lateral leva escudo de Ribadeo feito en pedra. A capela maior deste templo aparece desviada do eixo da nave.

Observacións

O antigo hospital de San Lázaro, no que se asistía aos enfermos de lepra, xa existía a comezos do século XIV e desapareceu no segundo terzo do século XVIII.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Pequeno templo situado sobre o porto deportivo, no lugar de Estrada do Faro, do que non se coñece exactamente a súa data de construción.

O edificio é de planta rectangular cuberta a dúas augas con entramado de madeira cuberto por lousas e chapa nervada con tella curva de cerámica. Os muros están cubertos con morteiro e pintados. A porta de acceso é rectangular e remata en lintel curvo. Posúe un pórtico pegado á capela con cuberta a tres augas e catro pilastras que o suxeitan. Sobre este aparece un van e unha espadana sinxela con van en arco de medio punto, para albergar a campá, e remate en cruz latina.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Templo situado na rúa San Roque que pertence ao século XIV, aínda que foi reedificado no XVIII. Recentemente foron refeitas algunhas partes, entre elas a fachada principal. A súa planta é rectangular e posúe muros de cachotaría revestidos en morteiro no seu alzado principal e sancristía detrás do presbiterio. A cuberta, a dúas augas, está formada por entramado de madeira e cuberta de lousas. A fachada principal leva porta e ventá oxivais e espadana sinxela, sen elementos ornamentais e rematada por unha cruz de pedra.

Observacións

Dende moi antigo (séculos XV ou XVI, venerábase en Ribadeo una devota imagen de aquel glorioso santo, a cuia intercesión creen estos naturales aver debido el remedio de una contagiosa infectión que se avía encendido en esto contornos, pr. Lo q. En muestras de su gratitud dha. Villa tomando por su Patrono y tutelar a este Santo Confesor, pr. Boto general prometió guardarle pr. Festivo su día perpetuamente (actas capitulares de 1729).

A capela en que se veneraba a devota imaxe do peregrino de Montpellier, pareceulle en su edificación ao coéngo tesoureiro da catedral de Mondoñedo D. Salvador Menéndez Navia y Villamil e, en vista diso, mandou edificala novamente dende os seus cementos un poco más adelante – dise no codicilo outorgado en agosto de 1.719 – del sitio que tenía un pié de distancia de cimiento a cimiento y en lo ancho y largo mas crecida, con sacristía y pórtico, y la ornamenté y aliñé con toda decencia de retablo y su imágenes. Entre éstas, e o núcleo principal do retábulo, colocou Don Salvador a imaxe de San Cayetano, deixando a de San Roque desposeída daquel lugar, con gran pesar de toda a vila ribadense, que fixo que se producise un preito que gañou o coéngo.

No seu codicilo, o señor Menéndez Navia y Villamil, despois de declarar que era o patrón da ermida de San Roque e San Sebastián, dispón que después de sus días y vida, mis sobrinos D. José Antonio de Llamas y Menéndez y D. José Antonio Ventura Menéndez tanto el uno como el otro de por mitad sean patronos Della.

En setembro de 1729, estando de visita o bispo D. Fr. Antonio Sarmiento, mandou que lle colocase de novo a imaxe de San Roque no sitio no que se atopaba a de San Caetano. Con toda solemnidade foi realizado o troco, advertíndose polo Concello a ermitaña Antonia López, que por ningún acontecemento cambiase nin permitise cambiar as imaxes dos sitios e nichos onde estaban. E, efectivamente, a finais do mesmo ano, un dos herdeiros do coéngo Menéndez, volveu a colocalas na forma na que este o fixera, o que deu orixe a novas queixas e protestas do vecindario, quedando á fin, no nicho central a imaxe do abogado da peste.

Non foi só na colocación das imaxes no que os herdeiros do coéngo Menéndez introduciron novidades contrarias ao desexo e ao interese da vila. Así, en 1.880, pecharon o Campo de San Roque, que era un lugar anexo á capela que servía de sitio de recreo aos veciños, apropiándose del sen ningún reparo.

Textos obtidos da obra Ribadeo antiguo de Francisco Lanza Álvarez.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Pequena ermida situada na Travesía Guimarán e construída en 1725. Posúe planta rectangular e cuberta a tres augas de lousa e e chapa nervada con tella curva de cerámica. Os muros son de cachotaría revestida con morteiro, deixando ao descuberto o perímetro dos seus vans. A espadana, dun só van en arco de medio punto, remata en frontón triangular e posúe elementos ornamentais.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificio de 1568 que foi reedificado a finais do século XVIII. Dispón dun gran balcón fundido en Sargadelos. Na planta alta leva no centro un escudo de España rematado en coroa e sobremontado polas armas de Ribadeo. As portas e as ventás teñen linteis.

Observacións

Está situada na Praza de Abaixo

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificio de planta rectangular, dúas alturas e aproveitamento baixo a cuberta. As portas e as ventás posúen lintel. Destacan nesta construción os relevos labrados en pedra que hai nun dos seus laterais e que imitan a entrada dunha porta. Antigamente pertencía ao cuartel vello.

Observacións

Está situada na rúa San Miguel, nº 68

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificio de planta rectangular e muros de cachotaría revestidos con morteiro. A cuberta ten catro augas e as portas de acceso posúen lintel. As ventás son rectangulares con batente en tres corpos. Presenta un escudo de armas gravado en pedra nun dos seus alzados.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Casa do século XVIII de planta rectangular e tres alturas con muros de cantaría e portasdaire de arco escarzano. Destacan nela os seus balcóns de forxa de ferro, as molduras do perímetro dos seus vans e dous escudos.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Vivenda rehabilitada de planta rectangular e dúas alturas, con porta de acceso con lintel e ventás rectangulares. Destacan na segunda planta dúas portasdaire con balcón e balaustrada de forxa de ferro e inscrición na fachada.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Construción de planta rectangular e dous andares con muros de cachotaría con revestimento de morteiro. A porta de acceso ten lintel e as ventás son rectangulares na planta baixa e portasdaire na alta. Na súa fachada destaca unha inscrición dedicada ao viejo Pancho.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Construción de dúas alturas con muros de cantaría de granito revocados con morteiro e ventás con lintel e portasdaire na segunda planta.

Observacións

Edificio situado na rúa Antonio Otero, nº 17

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Casa indiana de estilo ecléctico da primeira década do século XX. Logo de adquirir unha elevada posición económica a través da emigración, Don Clemente, indiano orixinario de Ribadeo, regresou ao seu pobo natal, onde mercou dous edificios que posteriormente acondicionou.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Pazo barroco do XVIII que pertenceu aos Arango y Mon e que hoxe segue sendo de propiedade privada. Aqui estivo empregado inicialmente Antonio Raimundo Ibáñez-Gastón cando chegou a Ribadeo.

Ademais da súa arquitectura, da que destaca a súa torre e un amplo balcón, sobresae a súa capela, da Virxe de Chiquinquirá e San Bernardo. Esta última foi fundada no século XVIII por D. Bernardo Rodríguez-Arango y Mon, coñecido como o indiano, que fixera fortuna no Perú.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificio con planta en forma de prisma hexagonal e cuberta de lousa. Presenta portas e ventás con lintel. Cumpre o labor de faro.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Casa indiana de 1869 e estilo ecléctico. Destaca polo seu volume, sobriedade decorativa e simplicidade de liñas.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Casa indiana da primeira década do século XX cuxo promotor era óptico de profesión.

Observacións

Actualmente é a sede da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Casa do século XVIII dos Menéndez-Navia y Villamil. Trátase da construción civil máis antiga de Ribadeo, da que tan só se conserva a súa fachada. Accédese a ela por medio dunha gran porta de pedra cun arco de medio punto con cantaría de granito.

Observacións

Comparte patio co edificio da antiga Escola da Marina, hoxe Casa de Cultura e Biblioteca.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Casa indiana de estilo ecléctico con influenzas rexionalistas, onde destaca a torre erixida na liña de fachada.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Casa indiana de estilo ecléctico do ano 1900.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Casa indiana de estilo ecléctico construída en 1886. Trátase dunha casa urbana de tres plantas, hoxe inconexas.

Observacións

O seu promotor foi Francisco López García.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Casa indiana de 1886. Destaca no seu teitume un observatorio de planta octogonal.

Observacións

Su promotora fue Esperanza Leiras y López.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Casa indiana construída en 1888. O seu estilo caracterízase por ser de transición entre a vivenda autóctona e o palacio nobre.

Observacións

A súa promotora foi Ascensión Pillado y Pedrosa.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Construción de planta rectangular e dúas alturas con muros de cachotaría revestidos en morteiro e pintados. O tellado é a tres augas e con cuberta de lousas e, na planta superior, posúe portasdaire de forma rectangular e batente en cinco corpos con baranda interior. Pode verse un escudo no seu alzado principal e portas rematadas en lintel curvo.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificación de tres alturas, con soportal en arcos de medio punto suxeitos por pilastras de cantaría na planta baixa. Os muros son de cachotaría con revestimento en morteiro e deixan ao descuberto elementos nobres de cantaría en vans e puntais de esquina. As ventás posúen lintel e na última planta destaca unha portadaire con balcón en forxa de ferro.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificación en dúas alturas con muros de cachotaría e portas e ventás con lintel. Presenta catro portadaires na planta alta e varanda interior. Na súa fachada hai un escudo e unha inscrición pouco lexibles.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Construción de catro alturas con muros revestidos en morteiro e elementos nobres de cantaría nos vans. Na planta baixa as ventás son rectangulares e con batentes en catro corpos. Destacan as portadaire que ten nas tres plantas superiores e o gravado e o busto que presenta na planta segunda.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Construción de planta baixa, alta e bufarda con muros de cachotaría e cuberta a dúas augas. A porta de acceso ten lintel e ventás rectangulares e portadaire na planta alta con baranda en forxa de ferro. Presenta tamén cornixa de cantaría e escudo no alzado principal.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Construción de planta rectangular e dous andares con muros de cachotaría revestidos en morteiro e elementos nobres en cantería no perímetro dos vans e puntais de esquina. A porta de acceso ten lintel e ventás rectangulares con reixas en planta baixa e contraventás na alta. Ten escudo na fachada principal e atópase ao lado da capela da Atalaia. Nun entorno urbano formado por edificacións tradicionais e de nova construción.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Construción de planta rectangular con muros de cahotaría revestidos en morteiro e pintados. Presenta elementos nobres de cantaría no perímetro dos vans e nos puntais de esquina e cornixa labrada en cantaría con forma de arco de medio punto para albergar o escudo de armas. A porta de acceso ten lintel e ventás rectangulares, destacando portasdaire na segunda planta con balcón e varanda interior.

Destacan as chemineas de cantería con remates en pináculo.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Vivenda en dous andares con muros de cachotaría, portas e ventás con lintel e carpintería de madeira. Destaca na planta alta unha portadaire con balcón en forxa de ferro e un escudo de armas.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificio de tres alturas e cuberta a dúas augas formada por entramado de madeira con lousa. Os muros son de pedra, revestida en morteiro, con elementos nobres de cantaría nos vans e puntais de esquina. As portas e as ventás do alzado principal rematan en lintel curvo, mentres que as do alzado lateral teñen lintel. Presenta un pequeno soportal de entrada con balconada en forxa de ferro e, a ámbolos dous lados desta última, ventás con galería.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificio de estilo neoclásico e tres alturas con balcóns, remate de varandas sobre a cornixa e fermosas cúpulas con vans redondos. Destacan as súas ventás e portas de gran altura, especialmente as da última planta, en arco de medio punto.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Antiga capela de comezos do século XX con muros de cantaría e espadana dun só van en arco de medio punto (ao igual que a porta de acceso e as ventás). Presenta escudo na fachada.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Vivenda de comezos do século XX de estilo modernista. Posúe dúas plantas e espazo baixo a cuberta. Nun dos seus alzados da planta baixa ten portas e ventás rematadas en arco de medio punto. Na planta segunda hai portasdaire rematadas en frontón triangular. Presenta tamén unha galería de dúas alturas cuberta con lousa.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Vivenda de tres alturas con paramentos verticais realizados en cantaría de granito. A porta principal presenta lintel e moldura e posúe tamén portasdaire con balaustradas en forxa de ferro. Destaca na terceira planta unha galería de madeira labrada.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificio de tres alturas e muros de cachotaría revestidos con morteiro. A porta principal é en arco de medio punto e posúe portasdaire con balcón en forxa de ferro. Ten unha fonte de pedra de planta circular no interior.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Vivenda de tres alturas reconstruída recentemente. Só conserva un escudo acuartelado na planta alta e portas e ventás con lintel. Posúe catro portasdeaire con varanda interior nun dos seus alzados.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Vivenda urbana de dúas alturas e aproveitamento baixo a cuberta, que é de lousa, a dúas augas e con bufarda. As portas e as ventás con rectangulares e rematan en lintel curvo. Destacan os balcóns e a galería da segunda planta.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificio singular de 1930 e estilo art déco onde destaca a súa gran fachada, que amosa as típicas liñas xeométricas dese estilo. Actualmente está en estado de abandono.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Instalouse no ano 1800 sobre parte do que fora unha antiga casa-fábrica de tecidos fundada no século XVIII. As reformas que o converteron en cine dende 1936 eliminaron a súa distribución orixinal. Hoxe mantense como sala de cine cun anfiteatro elevado.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Hoxe é o Colexio Sagrado Corazón de Xesús, situado na rúa Carlos III. É un palacio do século XVIII que pertenceu á familia Rego Mastache. A finais do XIX foi doado ás irmáns da Caridade para convertelo nun colexio, erguéndose a comezos do XX a capela que ten anexa, de estilo rexionalista.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificio de planta de catro ángulos cun gran claustro no centro. A igrexa consta dunha nave con falso teito que oculta o primitivo artesoado. Un arco triunfal oxival dá paso ao presbiterio, o claustro forma un cadrado con arcos de medio punto no primeiro piso e o teito é de artesoado sinxelo. O terceiro piso ten dúas ás con arcos abertos e posúe unha cociña monástica do século XVII.

Sobre o lintel de granito da porta de entrada hai unha inscrición que di Haec est domus paupertatis (esta é a casa da pobreza), palabras que mandou poñer Santa Clara na porta dos seus mosteiros.

Do conxunto sobresae a súa magnífica torre de planta cadrada, con dobre arco de medio punto, rematada cunha espadana.

Observacións

Orixinariamente era a sé dunha comunidade de beatos fundado no século XI que con posterioridade se transformou en convento no século XV, como se sabe polos documentos existentes no arquivo do propio templo.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Torre barroca de planta de catro ángulos e tres alturas coroada con ameas e muros de cachotaría con revestimento. No lintel da porta principal pode lerse unha inscrición que sinala que a torre se fixo no ano 1701.

Destacan nela unha portadaire e unha balconada de estilo barroco na segunda planta, todo con debuxos barrocos no interior.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Fonte de pedra de planta circular. Na súa parte central sobresae unha especie de columna rematada en pináculo da cal saen os catro canos.

Observacións

Está situada no centro urbano de Ribadeo, na Travesía de Fernando O Santo.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Como chegar

Está situada na rúa ribadense do mesmo nome.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificio de catro alturas con fachada de estilo neoclásico e portas e ventás con lintel. Presenta semipilastras e entaboamentos dóricos en pedra labrada.

Observacións

Está situado na rúa Clemente Martínez Pasarón, nº 9

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Templo situado na rúa Rinconada de San Francisco que presenta unha nave central cuberta de bóveda sinxela nervada, capela maior, dúas capelas na ábsida e outras dúas máis abertas no cruceiro. O centro do transepto e as dúas capelas da esquerda levan tamén bóveda de nervios con terceletes e ligaduras.

A portada é gótica do século XIV, con catro columnas que teñen capiteis de decoración vexetal, ventá grande da mesma época e torre de estilo neogótico. No lado esquerdo do templo hai unha portada gótica moi semellante á principal, tamén do século XIV e con decoración a base de ángulos e motivos vexetais nos dous capiteis das súas columnas.

Do seu interior destacan os arcos románicos que dan acceso á sala capitular antiga dende o claustro e dous retábulos barrocos do século XVIII.

Observacións

Anteriormente esta era a igrexa de San Francisco, pero dende 1835 leva a advocación de Santa María do Campo, logo de ser abandonada polos franciscanos, que tiñan alí o seu convento.

Crese que foi fundado este por un discípulo directo do propio San Francisco de Asís. Cando o Santo Pobre peregrinou a Santiago de Compostela mandou fundar conventos na muy noble ciudad de La Coruña, en la nobilísima ciudad de Oviedo y en la antiquísima villa de Ribadeo. Hai que ter en conta que Ribadeo era daquela (1214) sé episcopal.

Logo de diversas reformas e co paso dos séculos, a igrexa sufriu moitos avatares, como por exemplo a demolición da espadana que se atopaba sobre o muro do Evanxelio en 1905, no seu lugar construíuse o campanario actual. Ampliouse a igrexa engadíndolle o pórtico e o coro e, por último, a bóveda que era de peche de madeira, por unha bóveda nervada.

Hoxe, do antigo convento franciscano só son orixinarios arquitectonicamente a disposición xeral do plano, o arco do presbiterio, as laxas do chan, os restos do antigo claustro e algún que outro elemento de menor importancia.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificio construído en 1935 con base nun proxecto do asturiano Ramiro Sáiz e financiado por D. Ramón González Fernández, dono dos terreos nos que se asentou esta construción de estilo art déco. Destaca nela a decoración xeométrica do seu exterior e a amplitude interior das súas naves cruzadas.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

O núcleo histórico de Ribadeo abrangue unha superficie de máis de 40 hectáreas e sitúase no centro urbano da vila, en contacto coa costa e co porto.

As súas rúas, que se orientan en xeral cara ao nordeste e con pendente pronunciada, concentran gran parte dos edificios arquitectónicos que propiciaron a declaración deste espazo, en 2004, como Ben de Interese Cultural, coa categoría de conxunto histórico. Nelas atopamos casas populares de artesáns e mariñeiros xunto con outros edificios de maior rango que testemuñan o pasado florecente da vila (casas de indianos, casas de banca, vivendas de familias de armadores…).

Un dos espazos máis relevantes é o que constitúe o eixe definido polas rúas Vilafranca do Bierzo, San Roque e Clemente Martínez, ao longo do cal se aliñan importantes residencias burguesas de influenza indiana que datan de finais do século XIX e comezos do XX.

Entre os edificios e espazos máis singulares do núcleo vello ribadense hai que mencionar a Aduana vella (XVIII), o convento de Santa Clara (con claustro do XVIII), o castelo de San Damián (XVIII) a igrexa de Santa María do Campo (XIV-XVIII), o pazo de Ibáñez (XVIII), o Cargadoiro (XX) ou a Torre dos Moreno (XX).

A ampliación da vila antiga durante os séculos XVIII e XIX deu lugar ao desenvolvemento do Ribadeo moderno e fixo que xurdisen espazos de relevancia para a súa arquitectura e urbanismo, como é o caso da praza de España.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Edificio neoclásico de finais do século XVIII que foi construído, para vivenda propia, polo insigne Antonio Raimundo Ibáñez Gastón de Isaba, máis coñecido como o marqués de Sargadelos.

Ten planta rectangular e dobre altura máis bufarda con muros de cantaría de granito e cuberta de lousa a catro augas.

Na fachada principal leva catro pilastras con un soportal sobre o que destaca unha gran balconada isabelina con catro balcóns que teñen frontóns triangulares e peches de ferro fabricados en Sargadelos. Sobre estes balcóns poden verse os escudos que fan referencia á vila de Ribadeo.

Observacións

Na actualidade acolle as dependencias da Casa do Concello de Ribadeo.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Antiga praza do Campo, onde se celebraban as feiras e o mercado da vila. O proceso de urbanización que a converteu no principal punto de encontro e de ocio dos cidadáns de Ribadeo iniciouse no século XVIII, cando se plantaron nela os primeiros paseos de árbores.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

A muralla de Ribadeo tiña inicialmente unha finalidade defensiva e comercial que abranguía unha superficie de 4,2 hectáreas. Quedan hoxe algúns restos no barrio de Cabanela, onde se abría a porta do mesmo nome, e fronte a Guimarán.

Segundo afirma Francisco Lanzá en Ribadeo antiguo a muralla podería terse construído na época dos primeiros condes de Ribadeo, a xuzgar pola pedra de armas que había nunha das torres desta fortaleza.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

O edificio máis representativo de Ribadeo foi construído entre os anos 1913 e 1914 por dous irmáns emigrantes (Juan e Pedro Moreno y Ulloa) orixinarios dun pobo da comarca rioxana dos Cameros e bautizado como a torre dos Moreno por ser este o elemento arquitectónico que máis destaca nela. De estilo ecléctico, con ornamentacións propias do modernismo e decoración xeométrico-vexetal da zona dos balcóns, a torre dos Moreno é obra dun arquitecto arxentino (Julián García Núñez) discípulo de Gaudí.

Presenta planta rectangular con cinco alturas e unha estrutura mixta de formigón e ferro que lle confire un carácter moi avanzado para época, algo que tamén se pode atribuír ao feito de que xa contaba daquela con ascensor e cun sistema de recollida de lixo mediante tubos internos.

Destaca especialmente a súa torre, cunha pequena cúpula sostida por catro cariátides e teitume de cerámica vidrada.

Observacións

Os planos e o capital para a súa construción foron traídos de Bos Aires e o obxectivo dela era poñela como casa de renda.

Lugar

Parroquia: Ribadeo (Santa María)