Concello de Ribadeo

Piñeira

Situada no litoral do municipio, Piñeira linda polo norte co mar Cantábrico, polo oeste con Vilaframil, polo sur e por boa parte da súa fronteira oriental con Ove e Covelas (esta última no extremo sudoeste) e polo nordeste con Vilaselán.

Cunha superficie de 5,89 km2 e unha densidade de 61,12 habitantes/km2 posúe unha poboación de 360 habitantes (INE 2007) distribuídos nas entidades de Barreiro (13 habitantes), As Cruces (11), Dompiñor (74), Folgosa (34), A Eirexa (20), O Outeiro (13), Rio (37), Vilar (133), O Morgullón (12), O Alto dos Pinos (12); e no lugar de Arelongo.

A súa costa, moi alta e recortada, presenta multitude de entrantes e saíntes e a altitude media rolda os 36 metros.

Algo de historia

A igrexa, xunto con outros templos próximos, foi doada no ano 1182 por Fernando II ao bispo de Mondoñedo para que se establecese a capital da diocese en Mondoñedo. Algúns historiadores fan saber que o nome desta parroquia ten relación coa posibilidade de que antes nesta zona fose abundante, ademais do carballo, o piñeiro marítimo.

Equipamentos

Escola pública de Piñeira
Local que conta con equipamento informático e acceso gratuíto a internet.

Festas

Santo Cristo

Patrimonio

Vivenda rural de dúas alturas e bufarda. Os muros son de cachotaría revestida en morteiro e as ventás presentan lintel e batente de catro corpos. Destaca a súa porta de acceso en arco de medio punto, que ten na súa parte superior un escudo no que está representado un Cristo.

Lugar

Parroquia: Piñeira (San Xoán)

Castro cuxas estruturas defensivas se atopan na costa e no istmo que conecta a punta Marian coa rasa mariña. Dispón dun parapeto de 5,20 metros de altura que ten diante un foxo situado na parte oeste e outros tres na parte leste.

Observacións

Está adscrito á idade de ferro.

Lugar

Parroquia: Piñeira (San Xoán)

Fonte de cantaría situada nunha beira do rego dos Tacós.

Lugar

Parroquia: Piñeira (San Xoán)

Templo que dispón dunha cruz parroquial de planta rococó do último terzo do século XVIII, probablemente obra del taller compostelán.

Presenta nave rectangular con falsa bóveda sobre arcos faixóns, bóveda de lunetos no cruceiro e de aresta nas capelas laterais. O frontispicio ten porta con lintel e espadana de tres vans en arcos de medio punto, os inferiores albergan campás. O cruceiro, máis alto que o resto do templo, é cadrado e cuberto a catro augas. Posúe sancristía no lateral norte do presbiterio.

Lugar

Parroquia: Piñeira (San Xoán)