Concello de Ribadeo

Covelas

Covelas está situada no sector central do municipio. Limita polo norte con Vilaframil, A Piñeira e A Devesa, parroquia que se estende tamén por boa parte da súa fronteira occidental (onde tamén atopamos a Arante). Polo leste, Ove ocupa a maior parte do seu límite, a excepción do sector sueste, onde o río Grande actúa como linde con Santalla de Vilausende. Polo sur este mesmo río marca tamén a fronteira coa parroquia de Cedofeita, e ao sudoeste o rego Lexoso fai o mesmo coa de Arante.

Ten unha superficie de 15,21 km2, unha densidade de 29,77 habitantes/km2 e unha poboación de 420 habitantes (INE 2007) que se distribúe en 19 entidades: As Anzas (72 habitantes), Os Batais (11), Os Carboeiros (8), Celeirós (5), O Esfolado (16), Marelle (12), A Ponte (7), Reme de Arriba (14), Sa (29), Salcedo (29), San Vicente (73), O Vilar (20), Vilela (101), A Cabana (4), A Capela (2), A Casa da Hedra (13), O Pousadorio (abandonado), A Silveira (abandonado), e Somo (6 habitantes); conta tamén co lugar do Mondigo.

Aínda que Covelas presenta unha altitude media de 160 metros é aquí onde se atopa o punto máis elevado de Ribadeo: o Monte Mondigo, con 571 metros de altitude, conforma neste caso o teito do municipio.

Esta parroquia, xunto coas de Arante e Santalla de Vilausende, concentra a maior parte da produción agrícola e gandeira do concello.

Algo de historia

Covelas aparece documentada como Covellas en textos da alta idade media, aínda que no ano 1488 aparece como Cubelas, nome castelán que aínda convive na actualidade co de Covelas.

Equipamentos

Escola das Anzas-Local de Ensaio
Local de Ensaio integrado na Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude.
Escola de Covelas
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que dispón de equipamento informático con conexión gratuíta a internet.
Escola de Vilela
Polideportivo de Covelas

Festas

San Vicente
Virxe das Dores

Patrimonio

Pequeno templo de planta rectangular con espadana dun só van sobre a fachada principal e sancristía á dereita do presbiterio.

Lugar

Parroquia: Covelas (San Vicente)

Construción rústica de pedra de lousa con pórtico sinxelo na fachada e sen campanario. Na portada presenta dúas ventás con reixa aos lados da porta.

Lugar

Parroquia: Covelas (San Vicente)

Sinxela construción popular de muros recubertos de formigón e cuberta a dúas augas de lousa e limas en tella curva. Presenta espadana cun só van no alzado principal.

Lugar

Parroquia: Covelas (San Vicente)

Vivenda de planta rectangular, dúas alturas e muros de cachotaría con revestimento de morteiro. A cuberta é de catro augas con lousa e limas de tella curva de cerámica. Tanto a porta de acceso como as ventás posúen lintel. Neste conxunto destaca especialmente a bufarda da súa planta baixa.

Lugar

Parroquia: Covelas (San Vicente)

Templo amplo de tres naves separadas por arcos que descansan sobre piares e pilastras das que parten arcos faixóns ás tres naves. A nave central cóbrese con bóveda de lunetos e as laterais con bóvedas de aresta.

Lugar

Parroquia: Covelas (San Vicente)