Concello de Ribadeo
Couxela
Situada no sueste do municipio, Couxela limita polo norte coa parroquia de Santalla de Vilausende, polo oeste coa de Cedofeita e polo sur co municipio de Trabada, do que o separa o rego de Ferreira. O seu sector sueste está delimitado polo río Eo, que separa esta parroquia do municipio asturiano de Vegadeo.
Presenta unha superficie de 4,56 km2, unha densidade de 32,98 habitantes/km2 e unha poboación de 150 habitantes (INE 2007) que a converte na parroquia co menor número de persoas do municipio. As súas entidades de poboación son 11: Os Casais (28 habitantes), A Casanova (10), As Cerdeiriñas (4), Cima de Vila (8), Fornelo (15), Irexe (26), Maizán (11), Moural (2), Sendín (20), A Venda (11), A Xunqueira (12). Formando parte destas entidades están tamén os lugares de Os Bispos e O Rego.
O chan desta parroquia presenta certa inclinación cara ao leste, alcanzando no linde oeste as súas maiores altitudes, que superan os 200 metros.
Equipamentos
Área deportivo-recreativa: Área que conta con campo de fútbol, campo de bolos, pista de baloncesto e parque infantil.
Teleclube de Couxela
Festas
Festa da Virxe das Dores
San Antonio
Patrimonio
Templo restaurado en 1942. Posúe planta rectangular con nave dividida en tres tramos por dous arcos que descansan en pilastras. Presenta bóveda falsa, entaboamento en aresta e arco triunfal e bóveda de aresta tamén no presbiterio.
Está totalmente recuberta con cemento, excepto na porta que dá acceso polo lado do muro da Epístola, onde se pode observar cantaría. Sobre o presbiterio hai unha pequena espadana cunha campá.
Lugar
Parroquia: Couxela (Santiago)