Concello de Ribadeo
A Devesa
Situada no extremo noroeste do concello, A Devesa limita polo norte co Mar Cantábrico; polo oeste, e co rego do Pernón como fronteira, co municipio de Barreiros; polo leste coas parroquias de Rinlo e Vilaframil e polo sur coas de Arante e Covelas.
A súa extensión, de 20,74 km2, convértea na parroquia con maior territorio do municipio. Presenta unha densidade de 29,45 habitantes/km2 e suma 603 (INE 2007) habitantes nas entidades de Cinxe (88 habitantes), Liñeiro (abandonado), Meirengos (55), Noceda (45), A Pedreira (31), O Rato (125), A Rochela (74), Vilagoíz (63), Vilandriz (89), Barrio Novo (6) e O Barral (31).
Esta parroquia concentra o maior número de praias do municipio (As Catedrais, Esteiro, Os Castros…).
Algo de historia
A presenza de restos de castros no lugar de Meirengos, datados do neolítico superior segundo cita Francisco Lanza Álvarez en Ribadeo antiguo, dá conta da existencia de asentamentos castrexos na Devesa.
Equipamentos
Campamento xuvenil da Devesa
Albergue integrado na Rede Española de Albergues Xuvenís e na Federación Internacional de Albergues Xuvenís. Está aberto nos meses de xullo e agosto e xestionao a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
Dispón de 250 prazas (75 no albergue e 175 en tenda de campaña), cociña, cuartos de seis camas, sala de usos múltiples e instalacións deportivas.
Pista polideportiva de Cinxe
Teleclube de Cinxe
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que dispón de equipamento informático con conexión gratuíta a internet.
Teleclube de Noceda
Festas
San Ramón
Santalla (A Devesa)
Praias
As Catedrais
As Illas
Esteiro
Os Castros ou Marbadás
Xuncos
Patrimonio
Capela de planta rectangular con cuberta a dúas augas formada por entramado de madeira e muros de cachotaría revestidos. Porta de acceso con arco de medio punto e van que permite a iluminación interior do templo. A espadana, pequena e de frontón de un só van, remata en cruz latina.
Do seu interior destaca o retablo renacentista do século XVII.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Construción de planta rectangular situada nun cruce de camiños do Barrio da Campana. Presenta muros de cachotaría, cuberta a dúas augas con elementos ornamentais na cornixa e espadana dun só van sobre a entrada principal. O van no que está a campá é de arco de medio punto e remata en pináculos. A porta é rectangular e remata en lintel curvo que ten un van que permite a iluminación interior do templo.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Capela de propiedade privada con planta rectangular, muros de cachotería con elementos nobres de cantaría en vans e puntais de esquina. Presenta espadana dun só corpo con un van de arco de medio punto para a campá. A porta ten lintel e destacan elementos ornamentais nos laterais da fachada.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Capela de comezos do século XX situada no cemiterio. Posúe espadana e bóveda de canón sobre arcos faixóns.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana de estilo arquitectónico autóctono construída en 1920. Trátase dun conxunto de edificios no que dous deles se unen para formar a vivenda propiamente dita.
Observacións
O seu promotor foi José Acevedo Martínez.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Vivenda de planta baixa e alta con muros de cachotaría revestidos con morteiro e cuberta de lousa a catro augas. As portas e ventás teñen linteis e presenta un escudo na fachada.
Como chegar
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Construción popular de planta rectangular en dous andares. Presenta cuberta a catro augas con cuberta de lousa e muros de cachotaría con revestimento de morteiro.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana construída en 1830 e de estilo arquitectónico autóctono. Trátase dunha sinxela casa labrega que foi enriquecida con algúns elementos ornamentais na procura de certa distinción.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana de construción sinxela e convencional con planta baixa, alta e espazo baixo a cuberta. Carece de elementos ornamentais.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Edificio de planta rectangular e estilo indiano construído con dúas alturas. Presenta cuberta a tres augas con lousa e soportal cuberto na fachada principal. Este presenta pilastras e balaustrada igual á empregada no peche do terreo. Encima do soportal hai un balcón con balaustrada e cuberta a dúas augas. As portas e as ventás teñen linteis.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Edificio de planta rectangular construído en dúas alturas con tellado a duas augas cuberto con lousa e pináculos como elementos decorativos. Os muros son de cachotaría revestidos en morteiro con elementos nobres en cantaría na porta principal. As portas e as ventás teñen lintel e destaca na segunda planta unha portadaire. Presenta un miradoiro sobre a cuberta e escudo de armas na fachada.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana do ano 1920 e de estilo ecléctico. Chama a atención polas súas xenerosas dimensións, así como polo repertorio decorativo da súa fachada principal.
Observacións
O seu promotor foi o irmán de Ramón Maseda Villamil.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana de 1926.
Observacións
O seu promotor foi o irmán de Manuel Fernández López, emigrado en Cuba.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana construída en 1926. Trátase dun edificio de estilo colonial que constitúe o máis completo expoñente da influenza americana na produción indiana.
Observacións
O seu promotor foi Manuel Fernández López.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Edificio de dous andares e planta de catro ángulos con cuberta a dúas augas de lousas. Destaca no segundo andar unha portadaire con balcón de ferro. As portas e ventas teñen lintel e carpintería de madeira.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Casa indiana de estilo ecléctico con trazos coloniais e construída en 1924.
Observacións
O seu promotor foi Ramón Maseda Villamil.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Castro de morfoloxía irregular (por adaptación á morfoloxía do terreo) que ten tres foxos na parte occidental e cuxa coroa, separada por un foxo, se atopa nun terraplén reforzado por un muro exterior. Na parte oriental aproveita o desnivel do río Cabalar e ten un parapeto.
Observacións
Está adscrito á idade de ferro e romana.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Xacemento moi alterado por una construción. Ao norte e ao oeste a súa defensa é o cantil mentres que ao sur ten un parapeto de tres metros de altura. Fora deste recinto atopáronse fragmentos de outros parapetos e diversos materiais (cerámica romana, moedas romanas, sepulturas…).
Observacións
Está adscrito á idade de ferro e romana.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Cruz de pedra de escasas dimensións colocada sobre un piar de cachotaría con revestimento de morteiro.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Templo do século XVI con reformas posteriores. Dispón dunha nave con bóveda de aresta nos tres tramos nos que está dividida. Posúe presbiterio, sancristía e cruceiro con cúpula octogonal, máis elevada que a igrexa, sobre catro arcos torais. Os brazos do cruceiro presentan bóveda de nervios sinxela.
No seu interior destacan un retablo neoclásico do século XIX e tres barrocos do século XVIII.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)
Conxunto de tres túmulos. O de maior tamaño ten unha altura de 1,70 metros, outro arredor de 1,50 e o terceiro, o máis pequeno, ten aproximadamente 0,60 metros.
Observacións
Este xacemento pertence ao neolítico e está situado no lugar coñecido como Pena do Gato.
Lugar
Parroquia: Devesa, A (Santalla)