O edil de Deportes contou que “imos ampliar esa zona de xogos cunha obra de mellora. Imos dotala con varios xogos máis. Vai levar as súas proteccións, o seu acolchado e o seu peche perimetral”. 

Jorge Díaz explicou que “era un lugar que carecía de máis amplitude para os nenos e nenas desa zona. A obra estará rematada aproximadamente a mediados de xaneiro de 2021. O investimento é de algo máis de 50.000 euros”. 

O concelleiro ribadense dixo que “contamos que esa zona sexa un pouco máis atractiva para que os nenos e nenas teñan unha zona de esparexemento máis ampla, máis cómoda e con máis variedade de xogos”.