O rexedor manifestou: “a respecto deste informe que presenta o PSOE sobre o estado do parque, deste informe privado emitido por unha empresa privada, dicir que non é nada novo baixo o sol, de feito hai xa días lle esiximos á empresa que fixo o parque para que arranxe determinadas deficiencias que se encontraron unha vez recibida a obra no que ten que ver con vicios ocultos”.

Suárez Barcia indicou que “con todo algunhas deficiencias que sinalan se estudarán pola dirección de obra, de feito xa din instrucións para que o director de obra informe sobre o contido deste escrito presentado por rexistro no día de onte. E aínda que moitas das normas sobre as que se basean non son de obrigado cumprimento, son recomendacións, en todo caso nós queremos, que  sempre que sexan algo positivo que redunde na calidade do servizo, telas en conta”.

O alcalde agradeceu moito “o posicionamento que o representante do PSOE ten sobre esta circunstancia, que politicamente espero que este sexa o símbolo desta oposición construtiva que vai facer nos vindeiros catro anos, porque sempre que redunde no benestar de todos os veciños se terá en conta”.