O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu o acto de homenaxe aos concelleiros, concelleiras e alcaldes que formaron parte das Corporacións Municipais Democráticas entre os anos 1979 e 2019. Todos recibiron unha enseña conmemorativa e un diploma. Houbo discursos, acompañamento musical e foto para o recordo.

O alcalde, Fernando Suárez, dixo “un pracer e un orgullo poder compartir esta foto. Concelleir@s e alcaldes que foron e son, celebrando o acto que organizamos polo 40 aniversario de Corporacións democráticas 1979-2019. Tamén coa presenza dos familiares d@s que xa non están. O dito, unha honra ser representante do pobo. Saúde”.