A Concellaría de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos recollerá as follas de palmeiras que se empreguen para decorar a vila e os locais hostaleiros e comerciais durante o Ribadeo Indiano. Será o vindeiro luns, 11 de xullo. Este traballo realizarase para “manter Ribadeo o máis limpo posible, e para que as palmeiras non queren tiradas en calquera lugar durante días”, segundo explica o edil Jorge Díaz Freije. O concelleiro de Limpeza Viaria pide a colaboración de comerciantes e hostaleiros.

Os puntos establecidos para proceder á recollida das follas de palmeiras son os seguintes: nas Catro Calles (a carón dos contedores situados preto da oficina de ABanca); no parque de San Francisco (ao lado dos contedores) e rúa San Francisco no cruce con avenida de Asturias; rúa San Roque ao lado do Cine Teatro, na esquina co cruce con Rosalía de Castro; na avenida de Galicia nos cruces con Pintor Fierros, Daniel Cortezón, Vilalba e Ramón González; e na praza de abastos a carón da Orde Terceira.

Jorge Díaz Freije ten previsto achegarse estes días ata os locais que se engalanen con follas de palmeiras para informalos desta recollida, que se levará a cabo o vindeiro luns, 11 de xullo.