Un grupo de alumnos e alumnas do IES Ribadeo limparon durante esta mañá o río en Cedofeita, entre a ponte Guadalupe e o pozo Foco. Segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, “sacamos todo tipo de plásticos, alambres e ferros” e subliñou que “a través da xente nova queremos chegar aos maiores na idea de defender o patrimonio natural do noso entorno”. Os rapaces e rapazas do IES Ribadeo, que estiveron acompañados de dous profesores, fixeron un descanso para tomar uns bocatas e auga.

O edil nacionalista agradeceu “a implicación de todos os centros de ensino que colaboraron neste programa ao longo destes días e tamén á Deputación de Lugo, xa que foi a nosa fonte de financiación”.