No acto que organiza a Deputación Provincial de Lugo participarán: Rubén Domínguez, coordinador da Unidade de Psicología e Coaching Deportivo de Galicia e ex adestrador de baloncesto do CB Breogán e do Rivas Futura, entre outros; Ignacio Iglesias, árbitro da 1ª división de fútbol española, diplomado en Educación Física e coach deportivo; e Iago Roel, psicólogo deportivo e membro na UPCD.

O obxectivo desta charla “é dotar aos pais, adestradores e directivos dunha información relevante para desenvolver o seu papel no deporte dos seus fillos e desta maneira poder contribuír á súa formación cunha ferramenta que aporte valor á práctica deportiva”.