Os coches híbridos eléctrico beneficiaranse en Ribadeo dunha bonificación do 50% no imposto de vehículos a partires do ano 2025

pleno 26 xuño

Así foi aprobado no pleno celebrado onte á noite. 

O alcalde, Daniel Vega, explicou que “na pasada noite celebramos un pleno municipal no que tratamos varios asuntos. O primeiro deles foi a ordenanza do imposto de vehículos de tracción mecánica. Estamos a falar da bonificación pola clase de carburante e a súa incidencia no medio ambiente, é dicir a bonificación do 50% nos coches híbridos eléctricos. Entrará en vigor no seguinte ano presupostario, no 2025”.

O rexedor contou que “tamén aprobamos definitivamente a ordenanza reguladora da prestación patrimonial de carácter non tributario, é dicir as tarifas dos servizos municipais de abastecemento da auga potable, a rede de sumidoiros e depuración, a súa estrutura de custos, o estudio de viabilidade e a revisión de prezos”.

A mellora da accesibilidade nos edificios públicos tamén estivo presente na sesión plenaria de onte: “e no punto último o que fixemos foi modificar o anexo de inversións no ano 2024, é dicir neste presuposto. Aquí o que fixemos foi solicitar unha subvención á Xunta de Galicia, apórtannos 40.000 euros, nós temos que aportar 4.000 e así vamos construír un ascensor para mellorar a accesibilidade do edificio da Escola de Música, tamén imos eliminar esa rampla lateral que impide que calquera persoa con dificultades poida acceder e así temos un edificio accesible con mellores condicións. Polo tanto, pouco a pouco iremos mellorando a accesibilidade dos edificios públicos e quixemos empezar pola Escola de Música”, engadiu o alcalde, Dani Vega.