O edil nacionalista contou que “hoxe sometemos a aprobación o orzamento xeral de 2011, que ascende a 10.394.000 euros. Dito orzamento, que se presenta casi ao final do execizo, é un orzamento de liquidación. Nun principio a nosa intención era tirar ata finais de 2011 co presuposto prorrogado do ano pasado, aínda que a necesidade de darlle cobertura a unha serie de inversións e de sentencias xudiciais obrigóunos a presentar este orzamento. Non debemos esquecer que o presuposto de 2010 foi aprobado e sometido a unha cuestión de confianza para sair adiante e as dificultades que supoñía aprobar a principios de ano o orzamento para 2011”.

Castro manifestou que “éste é o maior presuposto da historia do Concello de Ribadeo, algo que é anecdótico e que se debe á incorporación de partidas de 2010 correspondentes ás modificacións dos convenios do pavillón da Avenida de Luarca e da travesía de Ribadeo, que ascenden a 1.400.000 euros e a 400.000 euros respectivamente. A partida destinada a investimentos sitúase nos 2.754.000 euros, nas que van incluidas esas cantidades ás que aludía anteriormente, a a maiores hai máis de 900.000 euros para otras inversión”.

O concelleiro de Facenda subliñou que “o presuposto de 2011 cubre as necesidades do Concello en canto a salarios e á prestación de servizos básicos, como é a obriga de calquera orzamento. Este ano sube un pouco o gasto corrente a pesares do esforzo que seguimos a realizar no seu control desde hai anos, pero ese incremento débese básicamente ao grande incremento da tarifa eléctrica en especial dos alumeados públicos e a certas sentencias xudiciais que ten que afrontar o Concello de Ribadeo”.

Vicente Castro engadiu que “no capítulo de ingresos o Concello recurre tamén, por primeira vez en seis anos, a unha operación de préstamo ICO, a través dunha orde do Ministerio de Administracións Públicas, co obxectivo de poder pagar facturas pendentes anteriores a 2011 e ir saldando atrasos a proveedores que vimos arrastrando desde o Concello”. É obxectivo do equipo de goberno “seguir na liña de aforro e de pechar exercizos con saldos positivos para poder sanear as contas do Concello de Ribadeo”.