A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explicou que “queremos aproveitar esta data para facer unha chamada á igualdade e ao respecto pola diversidade na nosa vila”.

A edil ribadense dixo que “o valo publicitario leva un lema que reflicte a identidade do noso pobo e o seu orgullo pola súa diversidade: Ribadeo síntese orgullosa coa diversidade”. 

Freire Rancaño engadiu que “representa o noso compromiso coa igualdade e os dereitos da comunidade LGTBIQ+. Queremos mostrar que somos unha vila aberta e acolledora, onde todas as persoas son valoradas e respectadas sen importar a súa orientación sexual ou identidade de xénero”.

“O Concello de Ribadeo está comprometido coa promoción dunha comunidade inclusiva e acolledora, onde todas as persoas son valoradas e respectadas. Esperamos que este valo publicitario sexa unha expresión tanxible dese compromiso e un recordatorio de que en Ribadeo, sentímonos orgullosas da nosa diversidade”, sinalou a concelleira de Igualdade.