Concello de Ribadeo
Ordenanzas
Unha Ordenanza é unha disposición ou mandato. É un tipo de norma xurídica que forma parte dun regulamento e que está subordinada a unha lei. A ordenanza municipal é aquela ditada pola máxima autoridade dun Concello (alcalde ou alcaldesa) con validez dentro do municipio ou territorio.
Tradicionalmente fálase de “Ordenanzas” para referirse as normas municipais con efectos sobre os cidadáns e de “Regulamentos” para as normas internas, de autoorganización. Sen embargo trátase de dous termos que expresan unha mesma realidade xurídica: normas de natureza regulamentaria elaboradas polo Pleno dun Ayuntamiento.
A aprobación das Ordenanzas e Regulamentos municipais, en xeral, axústase o procedemento recollido no art. 49 de la Ley 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local de 1985 (LRBRL) e as súas modificacións posteriores, e resúmese en:
- Aprobación inicial polo Pleno.
- Información pública e audiencia ós interesados polo prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións y suxestións.
- Resolución das reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo, e aprobación definitiva polo Pleno. Se non se formulou ningunha alegación se considerará definitivamente aprobada.
Nos seguintes enlaces poderás consultar as ordenanzas municipais: