Tomás López será o encargado de achegar aos asistentes á olaría da zona de Gundivós, no concello de Sober. Segundo explican desde a Concellaría de Cultura “esta olaría ten a súa esencia na elaboración das pezas con barrio propio e procede do neolítico castrexo. Destaca destas pezas a súa cor marrón escura, case negra, e coñécese por se un modo artesán único en Europa”.

E o xoves, 11 de agosto, terá lugar unha nova sesión do obradoiro de creación de bonecos triádicos a partir das 11:30 horas, a cargo de Mau Marela. Esta mañá xa celebrou unha primeira parte deste taller. Os organizadores indican que “se trata dunha actividade na que construiremos bonecos baseados nas figuras xeométricas básicas e nos deseños do artista Oskar Schlemmer, da *#‎Bauhaus,. Vai ser divertido, sorprendente e diferente”.