A delegación foi recibida polo alcalde, Fernando Suárez, que explicou que “viñeron visitar espazos de reclusión e violencia relacionados co golpe de Estado do 36, a guerra civil e a ditadura como Mondoñedo, Ribadeo, o Campo de Concentración de Arnao (Castropol), etc. E estiveron a ver a documentación obrante no arquivo histórico municipal”.

O rexedor amosouse contento con esta visita e dixo que “o Concello brinda todo o traballo que estamos a facer en dixitalización de documentos. Este está ao servizo dos investigadores e de todo aquel que queira saber máis do noso pasado e da nosa historia. Na páxina web do Concello teñen o enlace a todo o que estamos traballando e subindo de documentación histórica”.