O delegado de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, amósase satisfeito co éxito do cursiño de astronomía celebrado ao longo desta semana na Casa da Ría e que remata mañá, sábado, no parque de San Franciso cunha observación pública ás 22.00 horas.

Horacio Cupeiro explicou que “hoxe venres poñemos fin ao curso de astronomía aínda que mañá sábado contra ás 22.00 horas da noite faremos unha observación pública no parque de San Franciso a través dun telescopio do observatorio Ramón María Aller. Este curso dende o meu punto de vista tivo éxito tanto en asistencia como nos temas tratados e as observacións tanto de Júpiter coma das nebulosas ou diversas constelacións causaron excelentes sensacións”.

O edil nacionalista desexa que “os asistentes ao cursiño saíran contentos tanto da calidade dos ponentes como do resultado do cursiño e esperamos que o vindeiro ano poidamos facelo incluso algo máis extenso, que poidamos pensar tamén nos cativos e que se poidan experimentar novas inquedanzas”. Cupeiro engadiu que “dende o Concello damos as grazas a Aquagest por financiar na súa gran parte o custo económico do cursiño e tamén aos asistentes polo esforzo que supón en pleno verán desplazarse a Santa Cruz en horario partido a realizalo”.