Este venres, 26 de agosto, terá lugar unha observación astronómica en Ribadeo. A Universidade de Santiago de Compostela, a través do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, xunto co programa O teu Xacobeo organizan en varios concellos de Galicia o programa de astronomía A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do camiño. 

En Ribadeo esta cita, coa que colabora o Concello, será este venres, dia 26. Comezará as 21:30 horas na Casa do Mar cunha charla sobre temas astronómicos de interese. E despois haberá unha observación astronómica na Praia dos Bloques as 22:15 horas coa que se completará unha velada cultural e científica vendo e aprendendo cousas ao mesmo tempo que se goza dunha noite de verán.

Aínda queda algunha praza dispoñible, polo que as persoas interesadas en inscribirse poden facelo no correo electrónico de sostibilidade do Concello de Ribadeo ou chamando ao teléfono 982 120 701.