A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “nestes días comezamos as obras en dous parques infantís do concello, tanto na vila como en Rinlo. En Rinlo estamos actuando no parque infantil no que imos colocar unha valla de madeira, a modo de peche, que virá mellorar a seguridade das nenas e dos nenos que alí xogan. Ao mesmo tempo ampliaremos a zona de xogo coa colocación dunha soleira de caucho continuo e un balancín”.

A edil ribadense indicou que “na vila, na zona anexa ao parque do Xardín, acabamos de realizar os traballos de cimentación para a colocación dunha pista multideporte”.

Mónica Freire subliñou que “estas actuacións, que teñen un custe de 20.000 euros, están financiadas polo Concello e pola área de Mocidade da Deputación Provincial de Lugo, e contamos que os traballos estean rematados a final deste mes de outubro”.