O rexedor contou que “estivemos vendo o inicio destas importantes obras de mellora de toda a zona portuaria comercial de Ribadeo, onde se vai reforzar ese espigón pola parte interior para poder garantir que catro navíos poidan facer simultáneamente operacións de estiba e desestiba. Isto mellorará a competitividade do porto comercial de Ribadeo e tamén resposta un pouco a ese acordo do Parlamento galego no que se lle require á Xunta que siga a potenciar o noso porto comercial, tan importante como se pode ver nos últimos anos nos que foi a máis, de feito está con toda a capacidade de carga de pasta de papel e dos outros produtos aos que lles pode seguir dando continuidade”.

Suárez Barcia sinalou que “tamén nos vindeiros tempos dará inicio este dragado parcial do que é a canle principal da ría de Ribadeo diante do porto comercial, algo que permitirá que os buques teñen unha cuota de menos cinco, é dicir para que poidan seguir entrando estas embarcacións cunha carga media”.

O alcalde de Ribadeo suxeríulle ao presidente de Portos de Galicia “atendendo ás demandas de moita xente que me di que a praia dos Bloques, que non é de Portos xa que está no ámbito de Costas, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, presenta desde hai anos moito fango, o que fai que se converta en perigosa. Habería que explorar a posibilidade xunto co ministerio para substituir ese fango por esa area que se sacará do dragado, que aínda que é escura ten todas as cualidades da area fina. Desde o Concello iniciaremos as xestións oportunas co Ministerio de Medio Ambiente para que parte desa area que se vai retirar da ría poida ir para a praia dos Bloques”.